Toots for ESFGalicia@mastodon.gal account

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-06 at 13:03

Hai uns días, fomos invitadas por Acción contra a Fame a 2 encontros (#Escairón e #Lalín) para falar sobre o futuro do rural e do potencial dos montes veciñais en man común, dentro dun dos seus programas. Alberto Molares, voluntario do grupo de boas prácticas para a transición ecosocial, estivo por alí falando de problemáticas globais e boas prácticas para as que os montes veciñais teñen moito potencial de implementación.

Velaquí a crónica e a súa presentación: https://galicia.isf.es/blog/boas-practicas-para-a-transicion-ecosocial-o-potencial-dos-montes-vecinais-en-galicia/

[#]ESFpro

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-05 at 20:00

Hoxe na Escola de Telecomunicacións @uvigo dimos a coñecer ESF e o Programa de Coñecemento doutras Realidades en Honduras, o cal ten aberta a convocatoria até o 16 de febreiro

+INFO do programa:

https://galicia.isf.es/blog/aberto-prazo-para-solicitar-voluntariado-internacional-de-conecemento-doutras-realidades-pcr-2025/

[#]ESFnaUni

=> View attached media | View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-04 at 20:34

👉🏻🚨Espalla! Este domingo, cómpre saír ás rúas para denunciar o espolio da nosa terra. Seguro que tes algunha mobilización cerca de tí a que te podes unir!

✊🏼Por unha planificación eólica real e ao servizo do pobo. Non faltes! #EólicaAsíNon

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-04 at 16:40

Onte achegamos o proxecto dos Bancos de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre aos instis IES Rosalía de Castro en #Santiago e IES Valadares en #Vigo, grazas ao voluntariado da uni de Vigo e do Banco da Coruña. Que maneira de cacharrear!

[#]HackersSenFronteiras #RightToRepair #ESFpro #ESFnaUni

=> View attached media | View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-04 at 10:37

'¿Cómo evitar que vuelva a ocurrir un asesinato como el de Samuel Luiz? Inclusión vs integración

https://www.elsaltodiario.com/opinion/evitar-vuelva-ocurrir-un-asesinato-samuel-luiz , en @ElSaltoDiario

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-03 at 18:27

O grupo de asesoras ambientais pola defensa da terra colaborou coas plataformas de #MinaTouroNON e contra a A52 EN #Bembrive, con cartografía onde se poida ver claramente as afectacións, con sendos visores cartográficos

Visor Mina Touro: http://galicia.isf.es/AfectacionsMinaTouro

Afectación A52: https://galicia.isf.es/blog/mapas-de-afectacion-da-ampliacion-da-autovia-a52/

Enxeñería e tecnoloxía para o ben común #ESFpro

Precisamos persoas dispostas a poñer os seus coñecementos ao servizo da defensa da terra e os coidados. Contáctanos: info@galicia.isf.es

=> View attached media | View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-03 at 11:31

En #Rebelión fanse eco da situación en #Mozambique traducindo este interesante artigo: Una situación política revolucionaria pero sin dirección revolucionaria https://rebelion.org/reflexiones-sobre-una-situacion-politica-revolucionaria-pero-sin-direccion-revolucionaria/

Aquí a versión en portugués: https://www.opiniaosocialista.com.br/mocambique-reflexoes-sobre-uma-situacao-politica-revolucionaria-mas-sem-uma-direcao-revolucionaria/

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-03 at 10:50

¿Por qué la ría de Arousa está al límite? en #Público https://www.publico.es/sociedad/m-ambiente/ria-arousa-limite.html

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-02-03 at 10:46

🌍💻 Queres axudar a reducir o lixo electrónico e a fenda dixital?

🤝 Se estás en #Vigo e arredores, únete ao Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre para darlle unha segunda vida a aparellos electrónicos

🔧 Colabora reparando, doando, participando en charlas, ou impartindo formacións

📅 Estamos os mércores de 16:30 a 20:00 na aula B011 da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo

📝bancoreciclaxevigo@galicia.isf.es

[#]ESFnaUni #ESFpro

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-31 at 21:18

Tivemos tamén unha recomendación literaria de Manuel, gran coñecedor do país:

Um rapaz tranquilo - MEMÓRIAS IMAGINADAS | Atlantic Bookshop

https://www.atlanticbookshop.pt/ficcao/um-rapaz-tranquilo-memorias-imaginadas

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-31 at 21:09

Mércores 5 de febreiro: 13h. Escola de Telecomunicación #Vigo. Sala de graos.

Presentación sobre ESF e experiencia dunha estudante no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en Honduras 2024 (xa se poden solicitar prazas para 2025, mira aquí (https://galicia.isf.es/blog/aberto-prazo-para-solicitar-voluntariado-internacional-de-conecemento-doutras-realidades-pcr-2025/)!!)

[#]ESFnaUni

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-31 at 20:53

Hoxe no encontro sobre a situación en #Mozambique. Trala independencia sempre gobernou a FRELIMO, con fortes redes clientelares e a oposición da RENAMO (que vén dende a confrontación na guerra civil).Nas eleccións de finais de 2024, tivo importancia a oposición dun líder populista de liña trumpiana, pero a tradicional opacidade no proceso electoral rematou coa FRELIMO de novo no poder, non sen revolta social. Velaquí o informe da Misión de Observación UE, presentado onte https://www.eeas.europa.eu/eom-mozambique-2024/final-report-european-union-election-observation-mission-mozambique-2024_en?s=410430

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-31 at 09:46

En novembro e decembro houbo visita técnica a #Mozambique 🇲🇿 dentro do programa #AquaMoz💧 . Estívose a traballar en formación coas Administracións Rexionais da Auga (ARA) do Sur e do Centro, para predicción de zonas inundables e mellorar a xestión de eventos extremos de choivas intensas, que Mozambique vén sufrindo cada vez máis (é un dos países máis afectados do mundo polo quecemento global).

Aquí podedes ver a crónica con máis detalles: https://galicia.isf.es/blog/cronicas-mozambicanas-visita-tecnica-de-novembro-e-decembro/

=> View attached media | View attached media | View attached media | View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-29 at 12:12

Informe de @CentreDelas: Militarización, necrotecnología y vulneración de derechos en las fronteras europeas. Empresas de armas y seguridad, tecnológicas e instituciones que desarrollan tecnologías de control de las migraciones de la UE https://centredelas.org/publicacions/militaritzacio-necrotecnologia-i-vulneracioddhh-fronteresue/?lang=es

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-29 at 10:15

Onte, última actividade da fase 2 de #Mulleresbravas, co encontro final de avaliación onde Raquel e María #AoPaso nos compartiron a ESF e Amigas da Terra o resultado do seu inxente traballo.

Este proxecto nos axuda a tecer pontes de persoas e organizacións galegas e hondureñas.

A todas as participantes (profes da #usc e @uvigo, plataformas de defensa do terrra #ulloaviva #minatouroopinonon ou #amilseneolicos, ao #SindicatoLabregoGalego e ás súa labregas, compas de #agareso)

💜GRAZAS‼️ 💜

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-28 at 19:35

'Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo https://www.elsaltodiario.com/laboral/investigada-unha-rede-empresarial-explotaba-82-migrantes-nunha-granxa-lugo?&utm_medium=social&utm_campaign=web&utm_source=mastodom

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-28 at 18:57

📢 LEMBRAMOS 📢

Mañá temos café informal sobre Decrecemento. Xa é o segundo!

Ás 18:30h no Café D'Lucía (ao lado do Parlamento) #Santiago

Falaremos sobre, se dicimos que potenciar o comunitario nos pode salvar, entón que son as comunidades?;tamén da evolución de grupos humanos dende pequenas aldeas de agricultores ata as cidades, estado actual da sociedade occidental coma cidadáns (xa non somos pobo) e as súas implicacións como adormecemento social, falta de crítica, individualismo..

Acércate!

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-27 at 18:44

Café-tertulia informal sobre Decrecemento

📆 Mércores 29 ás 18:30h

📌 Café D'Lucía (ao lado do Parlamento) #Santiago de Compostela

Falaremos entre todas sobre, se as comunidades nos poden salvar, que son as comunidades?; evolución de grupos humanos dende pequenas aldeas de agricultores ata as cidades; estado actual da sociedade occidental coma cidadáns (xa non somos pobo) e as súas implicacións como adormecemento social, falta de crítica, individualismo..

Acércate!

[#]ESFPro

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-25 at 09:07

Cc @Ribadeando

=> View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

Written by Enxeñería Sen Fronteiras on 2025-01-25 at 08:59

Onte fedellando xuntas na Domus #ACoruña, no #RepairCafé e micro taller de axuste do cambio as bicis coa asociación Mobi-liza.

Fedellar xuntas é un acto político e, o que o fai aínda mellor, divertido

#ESFpro #RightToRepair

=> View attached media | View attached media | View attached media

=> More informations about this toot | View the thread

=> This profile with reblog | Go to ESFGalicia@mastodon.gal account

Proxy Information
Original URL
gemini://mastogem.picasoft.net/profile/111019349492185805
Status Code
Success (20)
Meta
text/gemini
Capsule Response Time
439.351241 milliseconds
Gemini-to-HTML Time
10.118065 milliseconds

This content has been proxied by September (3851b).