@achapuza23
Benvida!!
Agora si que vai a baixar o valor dos bitcoins e vai a subir o valor dos grelos!! A Chapu está en #Mastodon !!!
Molan moito as imaxes do perfil. Se engades unha publicación co cancelo #introducción para presentarte, e que a xente sepa o seria que es (no fondo), pois xenial.
E busca cancelos e xentiña a quen seguir. Isto é como unha aldea gala(ega), e todas lle damos moito valor ao bo ambiente e á convivencia.
Benvida!!
[#]AltriNon
[#]SaudePublica
[#]EnGalego
=> More informations about this toot | View the thread
As rúas de Santiago de Compostela son un clamor #AltriNon
A ría é nosa e non da #celulosa
=> More informations about this toot | View the thread
Este vai a ser o meu primeiro #caturday e vai a ser algo triste.
Este é Mario. O mércores pola mañá cando fun ao baño topeino morto no chan. Estaba ben, a veterinaria dixo que foi un infarto.
Non sei canto tempo tarda unha persoa en recuperarse de estas cousas. Cústame ver a foto e non chorar. Pero Mario, era un anaquiño de pan, e merécese o seu #caturday, polo menos un.
=> More informations about this toot | View the thread
3/x BlueSky é unha versión pseudodescentralizada de Twitter que che permite unha visión global do que se fala nesa rede a nivel mundial. Se lle das a buscar #cafe sairanche resultados de todas as partes do mundo.
E Mastodon... gústame máis a comparación que fai coas aldeas galas que a que fai cos antigos foros. Non é coma un foro, é como un bar, como o era Twitter, pero de aldea, certo.
Mastodon son como milleiros de aldeas galas donde podes escoitar todo o que din os teus veciños e veciñas.
=> More informations about this toot | View the thread
2/x E decateime de que estou namorado de esta rede precisamente ao leer o fio de @coegho, porque a miña primeira reacción foi o rexeitamento, o enfado, porque o meu xuizo (cego de amor) non aceptaba as críticas que facía de Mastodon, e ese xuizo final seu de que non debería ter existido!!
Pero teño que recoñecer que o seu análise é certeiro. As diferencias tecnicas entre Mastodon e BlueSky son as que son.
=> More informations about this toot | View the thread
1/7 Vou a falar unha vez máis de #Mastodon e do que está acontecendo con #twitter e #bluesky
Non dende un punto de vista técnico senón persoal.
Lin esta mañá un fío moi interesante que publicou @coegho comparando Mastodon e BlueSky e quedeime todo pillado porque...
Porque teño que recoñecer (sen vergonza ningunha) que estou completamente pillado/namorado de Mastodon. Sinto esa ilusión das primeiras semanas de relación. Sabedes? Teño elefantiños facéndome cóxegas no estómago.
=> More informations about this toot | View the thread
A praza da #Quintana en #Santiago vaise enchendo de xente que esixe o seu dereito a falar no seu pais na súa #lingua, e que se deixe de maltratar e discriminar a nosa lingua nai.
[#]QueremosGalego #Galego #MaisGalego #CIG #BNG #Santiago #NaGalizaEnGalego
=> View attached media | View attached media
=> More informations about this toot | View the thread
(a)Traer a alguén a #mastodon é como animar a alguén a ir a un psicólogo. É algo que ten que querer a persoa, que non se pode forzar se queres que funcione. Porque non vai a ser doado, vai a exixirche un cambio, unha adaptación, unha aprendizaxe.
Primeiro el/ela ten que identificar/recoñecer a necesidade. Non chega con que ti o vexas necesario.
=> More informations about this toot | View the thread
Busco servidor/comunidade de blogueiros. En galego se pode ser.
Topei por aí blogaliza.org e emocioneime pero xa vin que ese proxecto xa non existe.
Se non topo, seguramente terminarei instalando #writefreely ou #wordpress nun debian 12 porque para min poder federar xa é un requisito.
=> More informations about this toot | View the thread
Comunidade blogueira galega?
Fai anos, antes de ter fillos, tiña un blog (e tempo para atendelo)
http://franwatcher.blogspot.com
Escribía en castelán
Bo día, chámome Fran e son #Neofalante
Nese blog podedes topar contido de filosofía, política, psicoloxía...
Conto moito da miña relación coa morte, da miña experiencia hospitalaria, e dos meus procesos de adaptación á enfermidade, á morte.
Agora necesito. SI, sinto a necesidade, de volver a escribir.
Pero tamén sinto que ese xa non e o lugar.
=> More informations about this toot | View the thread
Acabo de decatarme de que levo... non, de que levo non! de que me fixen a miña conta de Mastodon fai dous anos. Porque tiven que actualizar o meu toot de introdución. Olivia xa ten 9 anos e Fiz 5.
=> More informations about this toot | View the thread
=> This profile with reblog | Go to franleiro@mastodon.gal account This content has been proxied by September (3851b).Proxy Information
text/gemini