=> Inicio | Blog

Recibir notificación UnifiedPush co resultado de Borg

Utilizo Borg para facer unha copia de apoio diaria do servidor. Leo o resultado do último traballo e envío unha notificación ao móbil.

o que máis fácil me resultou

despois de probar a metelo directamente no traballo programado de Borg

crear un script de bash

en /home/USER/ntfy-borg co seguinte contido:

#!/bin/bash

## este ficheiro é propiedade de root e prográmase no seu crontab

##  ENVIAR NOTIFICACIÓN UNIFIEDPUSH AO MÓBIL

# ler o estado de borg (só pode facelo root)

estado=$(sudo yunohost app setting borg state)
ultima=$(sudo yunohost app setting borg last_run)

## son os valores que vemos na interfce gráfica de YNH ao entrar na aplicación Borg

## establezo a prioridade, se todo foi ben pois tampouco se hai que preocupar

if [ $estado == successful ]; then
        prio="low"
else
        prio="max"
fi


## definición da función
## por agora só hai markdown desde a interface web, pero deixo o axuste por se algún día... (que non creo)

# isto copieino directamente da documentación, sen romper a cabeza 

notify () {
    # $prio = priority (eg: default)
    # $1 = tags (eg: +1)
    # $2 = message (eq "Success")
    curl \
        -H "Title: Resultado de Borg ${ultima}" \
        -H "Priority: ${prio}" \
        -H "Tags: borg,${1}" \
#       -H "Markdown: yes" \
        -d "${2}" \
#  se creas un tema «random» en ntfy.sh entón non che fai falta o token
#        -u :tk_5al1bk--valor do token--q6ckpq \
        https://ntfy.sh/app/random-NTFY-TOPIC
}


## SE tes varios traballos destes que notifican ao mesmo «topic» pode se útil usar os cancelos e escribir algo máis descritivo na mensaxe

notify "YNH" "O resultado de Borg de hoxe foi ${estado}"

exit

facémolo executable

chmod +x ntfy-borg

imos ao crontab de root

cd
crontab -e

e engado, poñendo a ruta completa ao ficheiro executable, que pode estar onde queiras.

## informar do resultado de borg
0 8 * * * /home/USER/ntfy-borg

gardar e saír e xa estaría.

para crear o tema en ntfy¹

subscribirse na aplicación no móbil

=> Aplicación NTFY en f-droid (podes usala para outras cousas a parte desta que conto aquí)

se todo foi ben o próximo día ás 8AM recibirás o resultado da última copia de apoio de Borg.

isto fai como ti vexas, se tes varios traballos para os que configuras notificacións podería chegar a ser molesto.

Instancia propia de NTFY

=> Aplicación NTFY en YunoHost

se instalas o teu propio servidor NTFY podes usalo e establecer o valor do token (-u: .....) para que poida publicar ser ter que pasar un usuaria/contrasinal (por privacidade)

Podes usar o teu propio NTFY para darlle servizo a fluffychat, pachli, tusky, etc etc (RTFM para que os temas que comezan por up... poidan subscribirse anónimamente).

Outro día cóntoche como meter a configuración en Borgmatic.

Aviso

coidado coa indentación e os espazos en branco no script de bash, que me fixo perder un pouco o tempo.


¹ ntfy.sh é un servizo de acceso libre e gratuíto, ao crear un «topic» ao chou tes unha privacidade razonable sempre e cando non se che de por publicar datos personais na notificación (do servidor, de borg, etc.), pon algo xenérico como o que indico no script, e se non usa o teu propio servidor ntfy (como fixen eu).

=> Inicio | Blog

Proxy Information
Original URL
gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2024-09-03-ntfy-borg.gmi
Status Code
Success (20)
Meta
text/gemini; lang=en
Capsule Response Time
256.743321 milliseconds
Gemini-to-HTML Time
1.147919 milliseconds

This content has been proxied by September (ba2dc).