=> Inicio | Blog

Perder as bestas

de Miguel Veiga Taboada

cacería e contrainsurxencia nos montes da raia

=> desde bookwyrm

(púxenlle catro estrelas)

en realidade con tres estreliñas ⭐ ⭐ ⭐ vai que chuta, pero haille que ser agradecidos. O que mais me gustou do relato foi o esforzo por incluír vocabulario das zonas onde acontecen os feitos, que podemos situar nunha zona de montaña entre Portugal e España. Os montes, os bosques, os ríos, a vexetación, os tipos de casas e traballos, ... cada cousa polo seu nome.

Ao rematar a Guerra Civil española unha cuadrilla de irregulares dos fascistas vencedores vai polo monte a cazar ateos e, de paso, a realizar actos de sabotaxe no seu nome para poñer a poboación en contra deles. Contrainsurxencia, creo que se lle di a isto.

O estilo é aquel de Cormac McCarthy, a do deserto, Meridiano de sangre, onde todos son malos. Ou a de este outro, español, entre olivos e cabras, que non lembro o nome e podería miralo antes de escribir, pero non sería sincero, pero que tamén desfrutei.

Nesta tamén, paga a pena o esforozo e sobre todo, se por idade ou eivas do sistema educativo, cres que isto é "fantasía violenta"... non o é. Hai licenzas artísticas que o autor colle, pero nos montes de media España, hai algo menos de 100 anos, a cousa ía así. Por certo, cos curas como argamasa entre o poder civil e militar. Nesta novela tampouco os curas quedan ben retratados.


respondín máis tarde alí mesmo con...

Intemperie, de Jesús Carrasco. Lembreino agora, sen mirar. Pode que esté misturando un pouco todo (La carretera, Meridano de sangre...), o que quero dicir é que o autor non se para en florituras, usa esas frases curtas, secas, intentando ser certeiro co que quere transmitir coas palabras xustas, sen subordinadas nin perífrases que te levan dun lugar a outro, nin evocando outras situacións ou escenas, se non vivindo no presente coa presenza constante da situación política (venceron os golpistas) e económica (fame)

=> ENVÍAME UNHA MENSAXE FATLINE // CONTACTO DIRECTO POR GEMINI

=> Inicio | Blog

Proxy Information
Original URL
gemini://gem.xmgz.eu/gemlog/2024-01-24-perder-bestas.gmi
Status Code
Success (20)
Meta
text/gemini; lang=en
Capsule Response Time
371.964379 milliseconds
Gemini-to-HTML Time
0.712902 milliseconds

This content has been proxied by September (ba2dc).