Paseo en bicicleta polas rúas de Compostela
co obxectivo de dar protagonismo á bicicleta nas rúas de Compostela, onte reunímonos unhas dúcias de persoas, grandes e pequenas, para dar un paseo todas xuntas.
=> Compostela, web de información turística
=> imaxe da parada preto da Cidade da Cultura
parte do grupo tomando un refrixerio, preto da CdC
=> Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
=> Asociación Cívica Composcleta
é unha asociación sen ánimo de lucro. Nace no ano 2013 coas seguintes fins fundamentais:
- Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
- Realizar actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais, promocionais e divulgativas sobre mobilidade sustentable. Asociación Cívica Composcleta é socia de ConBici - Coordinadora en defensa de la bici
fomos convocadas a reivindicar un espazo na cidade, o respecto, aprender a utilizar a vía pública e demostrar que Santiago é unha cidade ciclable, que non hai costas imposibles nin atrancos insalvables.
Pero, é precisa a implicación das institucións públicas para proporcionar infraestructuras que apoien esta forma de transporte.
foi agradable compartir este par de horas coas outras familias e agradecer a Composcleta que organice estas xuntanzas (que antes da pandemia eran mensuais) así como a colaboración da policía municipal.
Creo que todos aprendemos algo, sexa a circular en grupo, aprender que hai que ter a bici en orde de funcionamento (inflar as rodas ben, altura correcta do sillín, ...), a manexar as velocidades, respectar a distancia cos demáis vehículos, mirar e facerse ver, ... Sempre hai alguén nun coche que non o leva ben, iso sempre.
Quero mostrar admiración por todas aquelas persoas que usan a bici a diario como forma de desprazarse na cidade. Un da aldea coma min, que normalmente anda en bici por divertimento, ve preocupacións e perigos en cada xiro, costaríame moito chegar a ir tranquilo en bicicleta por unha cidade (incluso pequena, nun domingo, como Compostela).
Para coñecer máis, visita conbici.org.
=> conbici.org
=> 🚀/home | gemlog This content has been proxied by September (ba2dc).Proxy Information
text/gemini; lang=en