en comparación con 2020[1] este 2021 dediquei moitas máis horas a... andar.
=> táboa coas Actividades do 2021
unha ollada aos datos
ano | tempo | distancia | núm. actividades(*)
--- | --- | --- | ---
2021 | 580h. | 6449,42km | 548
2020 | 393h. | 6623km. | 403
2019 | 316h. | 5007km. | 284
(*) inclúe carreira, ciclismo, SUP, paseos, ximnasia, ...
ano/act. | correr | ciclismo | SUP | andar
--- | --- | --- | --- | ---
2021 | 1.606,38 km | 3.116,82 km | 5,4km | 1474,27 km
2020 | 1.713,24 km | 4.756,60 km | 14,73km | 119,77km
2019 | 1.753,93 km | 3.209,31 km | 9,02km | 51,78km
Os datos da carreira a pé baixaron un pouco. Tampouco sabería dar unha razón, porque igual que o ano pasado saín a correr cando me petaba e a distancia e tempo que cadrase. Unhas tempadas un pouco máis e outras un pouco menos, pero corrín todo o ano. De carreiras populares[2] pouco que dicir. Ata maio nin me plantexei ir a ningunha (das poucas que había), un trail normaliño na Pobra[3] e unha ao lado de Santiago[4]. Non estiveron mal, pero con saídas en tandas, nada grupos sen máscara, ... se estás pensando máis nas normas que en desfrutar do momento entón case mellor non ir. Despois en outono fun a Barreiros[5] e a Moeche[6]. Algo mellor, pero fun por ir, a motivación das carreiras está bastante frouxa en comparación a outras persoas. Non temo ou me preocupa pillar o covid, simplemente non estou metido na roda das carreiras.
Foi significativo o baixón, pero semellante a 2019. Creo porque convertín moitas horas de rodillo en horas de paseo a pé.
Realmente non sei se o cambio é tan grande (10x), pero este 2020 o que fixen foi rexistrar cada paseo, facer que contase. Igual que cos paseos, os desafíos e grupos de pasos en Garmin axudáronme moitas veces a saír a andar, a facer que contase. Uns cuantos meses fixen máis de 20.000 pasos de media diaria, e raro foi o que baixei de 17.000.
En xeral gustaríame durmir máis e mellor, pero tampouco me podo queixar, non ando zombie nin cansado (en xeral).
A alimentación e o peso sen cambios, coa baixada no verán e subida no inverno 🤷
=> [1] resumo do 2020 | [2] etiqueta Carreiras Populares | [3] trail da pobra | [4] carreira das letras en compostela | [5] subida ao monte comado barreiros | [6] trail de moeche
=> 🚀/home | gemlog This content has been proxied by September (ba2dc).Proxy Information
text/gemini; lang=en