=> 🚀/home | gemlog index
Hai uns dÃas preguntei nunha [sala jabber en castelán adicada a gemini] acerca dos GemLogs, os blogs escritos para publicar nun espazo gemini.
Existen instancias gemini, como [flounder.online] onde te podes rexistrar e usar unha conta para publicar o que estimes. Nelas, as usuarias poden crear un "gemlog" ao que te podes subscribir á súa fonte .atom/.rss, como na web.
A [miña cápsula gemini] está aloxada nun servidor personal, teño acceso á súa configuración, pero tamén coñecementos limitados 😅, asà que non me apetece estragar o servidor agora ao principio que aÃnda estou aprendendo. Nin perdelo tempo de xeito innecesario.
Pero lendo [un artigo de axuda] acerca das Subscricións...
This document describes a convention whereby Gemini clients can "subscribe" to a regularly updated Gemini page (such as the index page of a gemlog) even in the absence of a full-fledged syndication technology like Atom or RSS. It is intended as a lightweight alternative to such technologies to lower the barriers to publishing serial content in Geminispace which can be easily followed without tedious regular manual checking of bookmarks.
onde ven a dicir que se pode crear un gemlog ao que se poden subscribir as usuarias sen precisar complementos ou configuracións engadidas, simplemente dándolle o formato axeitado á páxina. Nesa mesma web vese un exemplo.
Por min perfecto.
O xeito de subscribirse a un blog depende do cliente, como case todo en gemini, pero [Lagrange] é un dos navegadores máis utilizados e asà que esto é o que fixen para subscribirme.
Estando na páxina do Ãndice do gemblog ao que queres subscribirte, premes o botón secundario e elixes Subscribirte á Páxina
(ou co telcado Ctrl+Maiús+D
)
=> imaxe: botón secundario, e no menú, subscrÃbete á páxina (web)
Aparéceche arriba o cadro de diálogo onde lle podes dar un nome (diferente do proposto) e elexir tamén se atende a que aparezan "novos titulares" ou a "ligazóns co formato YYYY-MM-DD"
=> imaxe: daslle un tÃtulo que ti queiras e aceptas (web)
"novos titulares" refÃrese a "encabezados", ou elementos "h1, h2 e h3" no html clásico. Na marcaxe gemini: #, ## e ###.
"ligazóns YYYY-MM-DD" son as ligazóns que se inician con ese formato da data.
A autora do gemlog deberá elexir de que xeito quere crear as novas entradas no blog: con "titulares" ou con "ligazóns" para que asà o teu cliente poida estar atento aos cambios.
No panel poderás ver os novos artigos cando se publiquen
=> imaxe: no panel da esquerda aparecen os artigos por orde cronolóxica (web)
Na barra lateral esquerda aparecerán tódolos artigos das fontes ás que te subscribas, ordenadas por data descendente.
A miña páxina de fontes téñoa establecida como a miña Páxina de Inicio
gemini://about:feeds
asà ao iniciar [Lagrange] xa se actualiza e vexo que escribiron as miñas fontes.
Licenza: CC BY-SA
=> Navegador gemini Lagrange | gemini_es@salas.suchat.org | flounder.online | cápsula gemini de ghose | artigo de axuda subscricións gemini This content has been proxied by September (ba2dc).Proxy Information
text/gemini; lang=en